A veciñanza da Pontenova protestou pola falta de médicos no centro de saúde local
A veciñanza da Pontenova manifestouse pola falta de médicos no centro de saúde local pois só conta cun só médico, feito que veu acontecendo xa na época estival, curiosamente cando na Pontenova aumenta tamén a poboación.
Nesta cita diante do consultorio acudiron dúcias de persoas pois consideran inxusto ter que desplazarse nalgúns casos ata o PAC de Meira, pero este Punto de Atención Continuada tamén ten que dar servizo aos concellos da Pastoriza, Riotorto, Ribeira de Piquín e Pol, e hai que engadir que teñen un forte compoñente de avellentamento da poboación, que precisa de máis atencións.
Os Populares da Pontenova puxéronse en contacto co xerente do Sergas para trasladar a súa disconformidade con esta situación e a resposta que recibiron foi que "a partir do luns 18, incorporarase a médico titular e vendrá un sustituto para o médico que se encontra de baixa, polo que haberá dous médicos presentes no centro de saúde".