A veciña de Lourenzá Josefa Pardeiro celebra o seu centenario
AMariñaXa
Josefa vive na Cazolga cun fillo e goza de moi boa saúde e memoria
21 Aug 2024
A veciña do barrio laurentino da Cazolga Josefa vive na Cazolga cun fillo e goza de moi boa saúde e memoria González celebrou que cumpriu 100 anos na súa casa, acompañada de 40 persoas da súa familia. Ten 4 fillos, 4 netos, 6 bisnetos e 5 irmáns vivos dos 9 que foron.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que “foi un día inesquecible para ela, xornada na que xuntou a todos os seus achegados. Josefa vive na Cazolga cun fillo e goza de moi boa saúde e memoria”. O Concello de Lourenzá deséxalle a Josefa “un feliz aniversario e que siga tendo boa saúde”.