A Valkiria Race desembarca en San Cosme de Barreiros cunha carreira chea de desafíos e adrenalina

A emocionante carreira de obstáculos Valkiria Race chega a San Cosme de Barreiros o próximo 20 e 21 de setembro, prometendo unha fin de semana repleto de emoción, reto e espírito de superación. Inspirado na valentía e determinación dos guerreiros viquingos, o evento contará con percorridos adaptados para todos os niveis de condición física e idades.
A organización do evento fai un chamamento para que persoas voluntarias se sumen a esta experiencia única, contribuíndo á celebración da competición e vivindo a emoción da carreira dende dentro. Quen decidan formar parte do equipo de voluntarios recibirán varias vantaxes, entre elas inscrición gratuíta na categoría especial de voluntarios, camiseta oficial do evento, medalla de finisher, comida e bebida durante o evento e a posibilidade de formar parte da organización e vivir a carreira de forma intensiva.
Os voluntarios terán un papel clave na correcta realización da carreira, realizando tarefas como distribución de avituallamento, supervisión e control dos obstáculos, entrega de dorsais aos participantes e animación e apoio aos corredores.
Para formar parte do equipo e vivir unha experiencia única, hai que inscribirse na seguinte ligazón. Para máis información, tamén podes contactar co evento a través do número de teléfono 686 71 92 00 ou nas súas redes sociais @valkiria.race.