A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións estará no centro de saúde de Ourol

AMariñaXa
A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións, estará no centro de saúde de Ourol
UMAR Plataforma Sanitaria Emerxencias 4
16 Maio 2022

A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións, UMAR, desplazarase ao centro de saúde de Ourol o vindeiro xoves 19 de maio no seu horario habitual, de 11 a 13 horas, en resposta á grave situación pola que está a pasar  desde que o único facultativo que atendía aos mil habitantes dese concello colleu unha baixa, substituída únicamente dous días á semana desde hai máis dun mes.

"A decisión por parte do Sergas de deixar a este Concello, cunha poboación moi envellecida e enormemente dispersa, con presencia de facultativo de familia solamente dous días á semana, sume a Ourol no máis profundo dos abandonos por parte da administración sanitaria", di Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma Sanitaria, "o Goberno da Xunta cada vez alonxa máis os servizos sanitarios da poboación  sen importarlle o máis mínimo o sufrimento e desprotección na que deixan a persoas tan vulnerables".

Desde este colectivo animan aos veciños de Ourol a  que se acheguen ata o centro de saúde o próximo xoves para  facer efectiva a súa reclamación para esixir a presencia de médico todos os días, e "lembramos tamén que as persoas que teñan algunha reclamación individual poden igualmente achegarse e redactarémoslla” - conclúen os activistas.

0.082788944244385