A última tirada do Campionato de Bolos de Xove contou con 27 inscritos e a entrega de premios
A última tirada desta XXXIII edición do Campionato municipal de Bolos de Xove e que contou con 27 inscritos e na que ao remate da tirada e coas clasificacións feitas, pasouse á entrega de premios e trofeos, acto presidido pola concelleira de Deportes Cristina Iglesias.
No que respecta aos inscritos desta tirada temos que decir, tendo en conta a normativa do campionato, que non todo o mundo se puido apuntar; exclusivamente os que cómo mínimo habían participado en 4 tiradas pudieron participar nesta última, xa que as normas obrigan, en todas as categorías, a ter participado como mínimo en 5 tiradas para poder optar aos premios finais. Se ás catro tiradas realizadas como mínimo lle sumamos esta tirada final xa temos as 5 tiradas imprescindibles para optar aos premios e á clasficación final.
No tocante a liga sénior masculina o campión foi Miguel López que conseguiu a súa 9ª victoria, a 5ª consecutiva, nas 10 últimas tiradas celebradas. Miguel consigue o seu cuarto campionato absoluto consecutivo, sumado aos conseguidos nas temporadas 18-19, 19-20 e 20-21. Dada a súa xuventude e o seu potencial estamos seguros de que non vais ser o último.
A esta festa sumouse tamén o subcampión, Daniel Alonso, compañeiro e coetáneo de Miguel dende a categoría Sub-16. Daniel, xunto a Moisés Rodríguez, foron os únicos xogadores que puntuaron en todas as tiradas. Daniel mellorou moito no seu xogo, conseguindo unha importante regularidade, o cal sumado ao seu talento posibilitou este magnífico 2º posto final, que deixou a 31 puntos ao terceiro clasificado, que non foi outro que Francisco Pérez.
Francisco Pérez foi o dominador da primeira parte do campionato, pero unha inoportuna lesión a mitade de temporada, mermouno nas súas posibilidades, o que lle supuxo pasar do subcampionato obtido a pasada temporada ao terceiro posto final nesta. Aínda así, a súa campaña pode considerarse excelente, non desmoralizándose nunca e pelexando ata o final.
Dentro da liga séenior masculina de maiores de 60 anos, os tres xogadores que conseguiran máis puntos durante a liga regular teñen dereito a tres premios e foron José González Rodríguez, José López Riveira e Arturo Rodríguez Álvarez.
Na liga femenina sénior Julia rematou a tempada cunha victoria impoñente, xa que se foi aos 304 tantos, que para súa categoría é unha cifra espectacular. Nunha carreira deportiva paralela á de seu irmán, sumou o seu 4º título consecutivo, xa que ao deste ano hai que engadirlle os conseguidos nas tempadas 18-19, 19-20 e 20-21.
En segundo posto Belén Meitín e terceira Carmen Roca, polo cal a tripleta gañadora da pasada temporada consigue repetir nesta. Nesta última tirada de Sumoas quedaba por ver quen se facía coa 4ª e 5ª prazas. Finalmente Concepción Piñeiro foi 4ª e a veterana Salomé Bermúdez conseguiu a 5ª praza que daba opción a premio e trofeo.
Na liga Sub16 Christian tiña unha única oportunidade de gañar este campionato era que Xenxo non participara. Pois ben, Xenxo non só participou senón que gañou cómodamente a súa última tirada nesta categoría e obtendo así o seu primeiro campeonato na nosa competición, que esperemos sexan moitos nos vindeiros anos. Xenxo, que para o ano competirá na categoría senior, despídese ao grande da Sub 16.
Por detrás, e puxando moi forte, Christian Cociña, xogador xove que, o mesmo que Xenxo, representa o futuro máis inmediato deste deporte no Concello. Pola súa banda, os irmáns Cancelos, Jordi e Naia (12 e 10 anos respectivamente), siguen a súa aprendizaxe neste deporte, coa mirada e o cariño do seu pai (César Cancelos) sempre presente.
Así, foron os resultados:
Sénior
Campión: Miguel López Formoso
Subcampión: Daniel Alonso López
Terceiro: Francisco Pérez González
Mellor bolada: Moisés Rodríguez Casabella, cunha bolada de 101 tantos obtida na tirada do Centro Social do Cruceiro o 8 de febreiro.
Sénior maiores de 60
Campión: José González Rodríguez
Subcampión: José López Riveira
Terceiro: Arturo Rodríguez Álvarez
Mellor xogador: José López Riveira de 78 anos
Sub16
Campión: Xenxo Salgueiro Franco
Subcampión: Christian Cociña Gonzále
Terceiro: Jordi Cancelos López
Feminina
Campiona: Julia López Formoso
Subcampiona: Belén Meitín Rouco
Terceira: Carmen Roca Corral
Mellor bolada: Julia López Formoso, cunha bolada de 94 tantos obtida no Club de Palmeiro o 15 de xaneiro de 2022.