A U.D.P. Val de Miranda de A Pontenova organiza unha Comida-Baile de Entroido

A Asociación de Pensionistas e Xubilados U.D.P. Val de Miranda de A Pontenova organiza unha Comida-Baile de Entroido o sábado 22 de febreiro de 2025 no Local das Sociedades.
O evento comezará ás 14.00 horas cun xantar servido polo Lar de Balbina, tras o cal haberá música en vivo a cargo do Dúo Muralla ata as 20.00 horas. Ademais, ás 16:00 horas celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria para a aprobación das contas do ano 2024.
O prezo do evento será de 20 euros para socios e 30 euros para non socios, sendo o 18 de febreiro a data límite para anotarse. Os interesados poden reservar a súa praza chamando aos teléfonos de contacto dispoñibles: Carballeira (659 98 84 51), José (619 41 40 23) ou Mª Carmen (676 05 33 92), así como falando con calquera membro da directiva.