A Semana Santa de Viveiro adianta os horarios das procesións do Xoves Santo

AMariñaXa
As confrarías buscan evitar que os desfiles se prolonguen ata altas horas da madrugada
Semana-Santa-Viveiro
25 Mar 2025

As confrarías encargadas de organizar as procesións do Xoves Santo en Viveiro acordaron adiantar os seus horarios co obxectivo de optimizar o desenvolvemento da xornada e evitar que a última procesión remate ben entrada a madrugada.

A Venerable Orde Terceira, a Irmandade do Prendemento e a Confraría da Misericordia estableceron un novo cronograma para esta noite solemne. Así, a Procesión da Última Cea sairá ás 19:00 horas desde San Francisco, seguida da Procesión do Prendemento, que partirá ás 21:30 horas desde o mesmo lugar. Por último, a Procesión da Misericordia iniciarase ás 23:45 horas dende a capela da Misericordia, mantendo o seu percorrido reducido, unha medida xa aplicada en edicións anteriores.

Esta decisión foi ratificada por unanimidade tanto polos párrocos da Unidade Pastoral de Viveiro como polo pleno da Xunta de Confrarías.

⚙ Configurar cookies
0.060144901275635