A segunda edición do Trofeo Emma Cuervo feminino xogarase este domingo
A xunta directiva do Ribadeo FC comunicou que o vindeiro domingo dia 28 ás 18.00 horas terá lugar no campo de futbol Pepe Barrera de Ribadeo, a segunda edición do Trofeo Emma Cuervo feminino.
Esta cita deportiva será entre os equipos Deportivo da Coruña femenino e o Oviedo FC femenino. "É importante destacar a importancia que esta tendo o Futbol feminino, contando cada vez con mais practicantes e con mais espectadores, circunstancia que se tivo en conta pola organización", din dende a directiva.
O Ribadeo FC, como organizador do Emma Cuervo, comprométese coa organización do trofeo Emma Cuervo Feminino, dando o mesmo trato que o masculino
O trofeo consiste nunha reprodución en cerámica de Sargadelos da Torre dos Morenos e de Illa Pancha, dous iconos de Ribadeo. Este torneo e é o segundo mais antigo que se disputa de forma ininterrompida, por detrás do Teresa Herrera e por diante do Ramon de Carranza.
Por outra banda, aínda non se sabe a data do partido masculino suspendido da LXXI edición do trofeo Emma Cuervo e que se ía celebrar o vindeiro día 20 de agosto.
Este encontro, que tiña que enfrontar ao Deportivo da Coruña e os Unionistas de Salamanca, non se xogou pois o equipo salmantino debía enfrontarse a un partido da Copa autonómica da RFEF o mesmo día no estadio Reino de León contra a Cultural y Deportiva Leonesa.