A SD Burela gañou o V Torneo Maruxaina de Cervo
O Concello de Cervo acolleu o V Torneo Maruxaina no que ademais presentouse o primeiro equipo do Club Deportivo San Ciprián, que vén de ascender de categoría.
O torneo, organizado polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, enfrontou ao C.D. San Ciprián, á S.D. Burela e ao C.D. Castro, todos eles militarán na Primeira Autonómica nesta tempada 2022/2023.
A competición comezará ás 19:00 horas, co enfrontamento entre o C.D. San Ciprián e a S.D. Burela. Ás 20:00 horas será o choque entre o club anfitrión e o C.D. Castro; e xa ás 21:00 horas está previsto o partido entre este último e a S.D. Burela.
A SD Burela gañou o torneo, sendo segundo os anfitrións e terceiros o CD Castro. Entregaron os trofeos o rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez e o directivo do C.D. San Ciprián, Borja Rego
Villares sinalou que “este evento deportivo xa consolidado é un complemento perfecto para a Festa da Maruxaina que ten lugar esa fin de semana, podemos dicir que o deporte marca, neste caso, o punto de partida desta celebración tan senlleira en San Ciprián”.