A Romaría de San Marcos regresa a Trabada os días 25 e 26 de abril

A Romaría de San Marcos regresará a Trabada os días 25 e 26 de abril cun programa que combinará tradición, música e actividades festivas na área recreativa da A Cadeira.
O sábado 25 terá lugar a feira de gando cabalar e exposición a partir das 12:00 horas, ademais dun concurso morfolóxico de cabalos de pura raza galega. A xornada completarase cunha sesión vermú e verbena coa actuación de Ritmo Joven e disco móbil.
O domingo 26 celebrarase a misa e procesión ás 13:30 horas, seguidas dunha sesión vermú longa amenizada polo Dúo Estrellas, ademais de música e ambiente festivo durante a tarde.
Trátase dunha das citas máis tradicionais do municipio de Trabada, que reúne cada ano veciñanza e visitantes arredor das súas costumes e tradicións.