A Romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira, en Xove, será o próximo 13 de xuño

AMariñaXa
A Romaría ao San Antonio Ventureiro da Rigueira, en Xove, será o próximo 13 de xuño. Foi declarada de interese turístico galego
rigueira romaria xove
rigueira romaria xove
26 may 2023

Dende o departamento de Investigación Social e Turismo do Concello de Xove organízase outro ano máis a Recuperación da Romaría ao San Antonio Ventureiro da  Rigueira, o próximo 13 de xuño.

Ata o próximo 12 de xuño todas aquelas persoas que desexen participar da romaría  poderán anotarse no Concello de Xove, para obteren a Ventura e a flor do San Antonio  cando conclúan o camiño. Para anotarse poden chamar ao teléfono 982 592 001 ou escribir un correo electrónico a: lucia@xove.es

Como cada ano, oss romeiross irán identificados cun carné de romaxe que poderán  recoller no Concello antes da romaría, e irán selándoo nos puntos habilitados ata chegaren á  igrexa.

No traballo de investigación para a recuperación da romaría identificáronse ata oito rutas  para chegar á igrexa, que a romaxe seguía dependendo da súa procedencia.

As rutas están  sinalizadas con frechas e con paneis informativos ao inicio de cada unha delas, e a súa  elección depende de cada romeiro. Aínda que a maioría prefiren saír do centro de Xove sobre as 10.00 ou 10.30 da mañá, para chegaren á primeira misa dos romeiros ás 13:.00 horas.

Este ano ademais, a Comisión de Festas organiza un Xantar Popular composto por:  langostinos, churrasco, chourizo, tarta xeada e café, por 28 euros, para o que haberá que  anotarse antes do 10 de xuño.

INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no Consello de Turismo que aprobou, en sesión extraordinaria, a declaración como festa de interese turístico de Galicia, a festa do San Antonio Ventureiro de Rigueira, no concello de Xove.

Esta declaración celébrase cada 13 de xuño coincidindo coa festividade que conmemora o pasamento de San Antonio de Padua.

Tal e como dispón o decreto o 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, a declaración efectuarase en función do cumprimento dos requisitos de antigüidade, singularidade, arraigamento, valor cultural e continuidade no tempo.