A rolda previa da Copa Deputación de fútbol escolleu 24 equipos

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A provincia acolleu onte a rolda previa da Copa Deputación para as categorías Segunda e Terceira Galicia.
8 Jan 2024

A provincia acolleu onte a rolda previa da Copa Deputación para as categorías Segunda e Terceira Galicia. Disputáronse un total de 24 partidos, que deixaron a outros tantos finalistas que se unirán a outros 6 para disputar a seguinte rolda, que terá lugar o 11 de febreiro, que coincidirá co Entroido.

En Segunda Galicia lograron pasar Iberia, Cabreiros, Roupar, Comercial, Vilalbés B, Candelaria, Xermade, Pastoricense, Becerreá, Brollón, Antas, Quiroga, Friol, Oural, Ferreira e Paradela.

En Terceira pasan á seguinte fase Castroverde, Catro Roldas, Barreiros, Piringalla, Río Sil, O Páramo, Rubián e Chantada Atlético B.

Destaca o feito de que moitos destes últimos equipos pasaron superando a outros de categoría superior. É o caso do Páramo, que venceu ao Incio; Barreiros ao Cospeito, Piringalla ao Alfoz, Río Sil ao Carballedo e o Chantada Atlético ao Spórting Lucense.

Dos 24 duelos disputados, oito tiveron que ir á quenda de penaltis.

Na seguinte sesión estes 24 equipos xuntaranse con outros 6 (Muimenta, Pontenova, Casás, Bóveda, Lemos B e Sarriana B), que xa estaban clasificados.

Calendario

Os 10 equipos da Liga Galega 1 División Feminina e Liga Galega 2 División Feminina teñen fase previa o 11 de febreiro, os cuartos de final son o 28 de marzo, as semifinais o 2 de xuño e a final o día 9.

Os 22 equipos da Preferente Autonómica e Primeira Autonómica Masculina teñen a fase previa o 11 de febreiro, oitavos de final o 28 de marzo, cuartos o 1 de maio, as semifinais o 26 de maio e a final o 2 de xuño. Os 56 equipos da Segunda e Terceira Autonómica Masculina teñen a fase previa o 7 de xaneiro, os dezaséisavos de final o 11 de febreiro, oitavos de final o 28 de marzo, cuartos de final o 1 de maio, semifinais o 2 de xuño e a final o día 9.

0.16710901260376