A protectora de animais Coletiñas de Cervo necesita voluntarios

AMariñaXa
A Asociación Protectora de Animais Coletiñas de Cervo informa de que necesita voluntarios para as súas instalacións
canceira cans protectora animais
8 Nov 2021

A Asociación Protectora de Animais Coletiñas de Cervo informa de que necesita voluntarios para as súas instalacións pois "cada vez costanos cubrir máis as quendas, sobre todo pola mañá".

"Necesitamos xente amante dos animais, responsable e con ganas de unirse ao noso equipo", din, "é un labor tremendamente gratificante porque os animais son moi agradecidos". Os voluntarios  axudarían nas tarefas de paseo diarias, limpeza dos cubículos, e estar cos animais para que se sintan acompañados.

"Xa que tiveron a mala sorte de acabar nunha protectora de animais, gustaríanos darlles a mellor vida posible", engaden. Para máis información haberá que poñerse en contacto coa protectora no teleéfono 623 235 915 ou no correo electrónico apacoletinhas@gmail.com.

0.1775438785553