A primeira Bandeira de Traiñeiras Deputación de Lugo será este sábado en Viveiro

AMariñaXa
O Club de Remo de Celeiro organiza este sábado, coa colaboración do Concello de Viveiro, a primeira Bandeira de Traiñeiras Deputación
1 viveiro PRIMEIRA BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS DEPUTACIÓN DE LUGO
1 Xuño 2023

O Club de Remo de Celeiro organiza este sábado, coa colaboración do Concello de Viveiro, a primeira Bandeira de Traiñeiras Deputación de Lugo, que comezará ás 17:00 horas.

Esta primera edición da Bandeira de Traíñeiras pertence á Liga Galega de veteranos. Será a primeira vez que o Club de Remo Celeiro compita nunha regata de traiñeiras como anfitrión, dando un paso máis cara a súa consolidación como unha referencia no remo lucense, sendo o único clube da provincia nesta modalidade.

O campo de regatas do sábado terá unha distancia total de 3.500 metros, distribuídos en catro tandas duns 875 metros. Nel competirán varios dos mellores clubes desta disciplina en Galicia, como os de Meira (Moaña), Chapela, Tirán, Esteiro, Rianxo ou Cesantes.

viveiro PRIMEIRA BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS DEPUTACIÓN DE LUGO
0.11437582969666