A praza dos Fornos acollerá o 1 e 2 de xullo a X Subida á Pontenova
Cada vez queda menos para celebrar a 10ª Subida A Pontenova, unha proba deportiva que puntúa para o Campionato Galego de Montaña. Esta cita será os vindeiros 1 e 2 de xullo.
A proba de motor está centralizada na localidade de Pontenova que lle dá nome e o tramo de subida sempre está localizado na estrada LU-4803, entre os puntos kilométricos 0.45 e 5.25, con 4,8 kms de lonxitude.
Dende a Escudería comunican que están a buscar colaboradores para o evento, así, os interesados deberán poñerse en contacto nos teléfonos 690 076 136 ou 629 031 206.
A praza dos Fornos acollerá como todos os anos o parque de custodia, no que se concentrarán os vehículos para realizar as verificacións técnicas e administrativas previas á carreira, que se disputará en catro mangas cronometradas. Dúas na tarde do sábado e outros dúas o domingo pola mañá.