A praia de Xilloi será escenario dun concurso de figuras de area
O Vicedo continúa coa súa programación sociocultural neste mes de agosto. Ademais de apostar polo programa Mércores de Natureza con distintas rutas, como é a Subida do río Sor en kayaks, programan un concurso de figuras de area que terá lugar na praia de Xilloi o vindeiro 14 de agosto a partir das 16.20 horas.
Ademais, promoven un concurso de fotografía turística. Deste xeito, o venres 23 de agosto, na Casa da Cultura a partir das 21.00 horas, proxectarán as fotografías participantes e entregaranse os premios aos bañadores. Por outra banda, continúan as rutas guiadas. O mércores 21, a partir das 10.00 horas, é a quenda de Os Moutillós, un fito na praia de Area Grande.
Nesta xornada desfrutarase das vistas do Fuciño do Porco desde San Román, tamén da interesante xeoloxía da zona e a historia detrás do asentamento viquingo dos Moutillóns. A distancia total é duns 4 quilómetros que se percorrerán nunhas 3 horas. Trátase dunha proposta de balde, aínda que se precisa unha preinscrición obrigatoria a través de rutasgalicianorte@gmail.com ou no 634 631 461.