A Pontenova volverá celebrar a Feira de Artesanía e Antigüidades

AMariñaXa
O Concello da Pontenova volverá acoller unha nova edición da súa Feira de Artesanía e Antigüidades de primeiros de decembro
XVI Feira antiguidade pontenova 2023
XVI Feira antiguidade pontenova 2023
8 Out 2023

O Concello da Pontenova volverá acoller unha nova edición da súa Feira de Artesanía e Antigüidades de primeiros de decembro e que este ano chega a décimo sexta edición.

Esta celebración que será os días 8, 9 e 10 de decembro terá lugar na praza dos Fornos onde se instalarán como noutras ocasións numerosos postos de artesanía de diferentes zonas xeográficas españolas, onde se expoñen artigos de cestaría, carpintería, complementos en tea, xoiería ou coiro.

O evento podería contar tamén coa presenza de artesáns que realizarán talleres en vivo sobre torno de madeira, a cestaría en vimbio, a forxa de ferro, a pintura decorativa, o coiro e sobre ecolámpadas de cabaza.

Tamén será a sétima Xuntanza de vespas, motos e coches clásicos.

XVI Feira antiguidade pontenova 2023
0.18376684188843