A Pontenova estrea árbore de Nadal

AMariñaXa
O Concello da Pontenova estrea unha nova árbore de Nadal, que está ubicada na praza do Concello, e que foi realizada polo alumnado de FP dual de soldadura e caldeiraría do Instituto Enrique Muruais, co que colabora economicamente o Concello da Pontenova.
22 Dec 2022

O alcalde, Darío Campos agradeceu o agasallo realizado polos alumnos deste centro ao concello, “nunha vila que conta con tanta tradición no mundo do ferro é un verdadeiro privilexio contar con esta pequena obra de soldadura. Estou moi orgulloso do traballo destes estudantes, agora podemos comprobar e ver con ledicia que este oficio segue tendo futuro”.

A árbore que mide preto de 5 metros, está realizada polos 12 alumnos da primeira promoción do curso de FP dual de soldadura e caldeiraría que se imparte no Instituto Enrique Muruais da Pontenova. O material coa que se construíu a árbore é ferro, aluminio e aceiro inoxidable. Para o ano esperan que siga medrando e facelo máis grande.

0.1953752040863