A Pontenova corre entre historia e natureza no IV Trail As Minas

AMariñaXa
O evento deportivo celebrarase o 30 de marzo cun trail de 18 km e unha andaina de 5-6 km
IV-Trail-minas-pontenova-2025
19 Feb 2025

A Pontenova prepárase para acoller a cuarta edición do Trail As Minas, unha cita deportiva que combina deporte, natureza e historia. O evento terá lugar o domingo 30 de marzo de 2025, con saída ás 10:30 horas desde a Praza dos Fornos.

Os participantes poderán escoller entre dúas modalidades: un esixente trail de 18 km para os máis experimentados ou unha andaina de 5-6 km para quen prefira gozar do percorrido a un ritmo máis tranquilo. O evento transcorre por camiños e sendeiros que permiten descubrir o patrimonio mineiro e natural da zona.

O Trail As Minas está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva As Minas en colaboración co Concello da Pontenova e varias entidades locais. Toda a información e inscricións están dispoñibles na web oficial: www.ccnorte.com.

0.16853499412537