A Pontenova celebrará a XVII Feira de Artesanía e Antigüidades

AMariñaXa
Durante os días 6,7 e 8 de decembro tamén acolle a VIII Xuntanza de vespas, motos e coches clásicos
antiguidades-pontenova
6 Nov 2024

A Pontenova celebrará a súa XVII Feira de Antigüidades e Artesanía, unha cita fixada xa no calendario para os días 6,7 e 8 de decembro. Tamén terá lugar a VIII Xuntanza de vespas, motos e coches clásicos.

Unha oportunidade de gozar dos  numerosos postos de artesanía de diferentes zonas xeográficas españolas, onde se expoñen artigos de cestaría, carpintería, complementos en tea, xoiería ou coiro. Poderanse ver obradoiros artesáns en vivo sobre forxa de ferro, torno de madeira ou cestaría, entre outros.

Os horarios establecidos son de 11.00 horas a 14.00 horas de mañá e pola tarde de 16.00 horas a 21.00 horas, agás o domingo que será ata as 20.00 horas.

0.16601181030273