A Pontenova aposta pola creatividade e a natureza con dous novos obradoiros formativos

AMariñaXa
O Concello organiza un curso de cerámica e outro de horticultura con prazas limitadas para fomentar o aprendizaxe práctico e o lecer activo
cursos-maio-pontenova-2026
7 May 2026

O Concello da Pontenova pon en marcha dúas novas propostas formativas co obxectivo de promover a creatividade, o contacto coa natureza e o aproveitamento do tempo de lecer entre a veciñanza.

Trátase de dous obradoiros diferenciados, un de cerámica e outro de horticultura, que se desenvolverán ao longo do mes de maio e contan con prazas limitadas, polo que será necesaria inscrición previa.

O curso de cerámica celebrarase o luns 11 de maio de 2026, en horario de 17:00 a 20:00 horas, no local das Sociedades (local do CIT). A actividade está pensada para un máximo de 10 participantes, co fin de garantir unha atención personalizada e un mellor aproveitamento da experiencia.

Pola súa banda, o curso de horticultura terá lugar o sábado 16 de maio de 2026, cun horario dividido en dúas sesións, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, tamén no mesmo espazo formativo.

As inscricións poden realizarse a través do teléfono 982 342 277.

Desde o Concello destacan que estas iniciativas buscan ofrecer alternativas de formación práctica que permitan aprender novas habilidades, fomentar a convivencia e gozar dun ambiente distendido e enriquecedor.

0.1196620464325