A Pontenova acollerá o I Torneo de verán de pádel
AMariñaXa
O Concello da Pontenova acollerá os días 14, 15, 16 e 17 de xullo o I Torneo de verán de pádel do municipio
6 Jul 2022
O Concello da Pontenova acollerá os días 14, 15, 16 e 17 de xullo o I Torneo de verán de pádel.
Esta cita deportiva será na pista municipal e para participar será necesario inscribirse antes do 10 de xullo a través de Instagram @apontenovaloungebar ou chamando ao teléfono 603 721 785 e 648 200 888.
Este torneo contará con tres categorías, 1ª Masculina, 1ª Feminina, e 2ª Masculina, así como premios en material deportivo en todas as categorías para as parellas finalistas.