A Pontenova acollerá a XIII Subida entre os días 26 e 28 de xuño

A XIII Subida á Pontenova foi presentada oficialmente de cara á súa celebración entre os días 26 e 28 de xuño na localidade lucense. A competición volverá reunir a numerosos afeccionados ao automobilismo nunha cita incluída no calendario do Campionato Xunta de Galicia de Montaña.
A proba desenvolverase sobre un percorrido de 4,8 quilómetros pola estrada LU-4803, entre A Pontenova e Augaxosa, cun desnivel total de 260 metros e unha pendente media do 5,40 %. O programa deportivo contempla a disputa de dúas mangas durante a tarde do sábado e outras dúas sesións previstas para a mañá do domingo.
Dende o ano 2011 dita proba é un dos eventos máis esperados no pobo, cunha gran aficción ó mundo do motor, pola gran aflucencia de pilotos e público que dan vida o casco urbano durante a fin de semana.
A Praza dos Fornos converterase outro ano máis no epicentro do evento deportivo donde se ubicará o parque pechado e verificacións técnicas, donde os afecionados poderán ver de cerca os vehículos de competición.
A carreira desenvolverase cunha manga de entrenos e dúas oficiais en cada xornada no xa coñecido trazado de 4,8 kms dende a salida, na Rúa da Feira, á meta, o rebasar o pobo de Vilar das Pedras.
A Escuderia A Pontenova quere agradecer outro ano máis o apoio recibido tanto polas institucións públicas ( Concello de A Pontenova, Xunta de Galicia e Deputación Provincial de Lugo) como de toda-las empresas privadas, veciños e voluntarios pola axuda prestada para poder levar a cabo a subida.
Na presentación participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, que destacou a importancia que o automobilismo ten na comunidade galega e a repercusión que esta competición alcanza na zona.
Segundo sinalou, a destacada afección existente en Galicia por este deporte queda reflectida durante a celebración da Subida á Pontenova, unha cita que considera un dos principais elementos de dinamización turística, económica e social para o municipio.
A Secretaría Xeral para o Deporte colabora coa Escudaría A Pontenova e tamén coa Federación Galega de Automobilismo mediante acordos de apoio para impulsar o desenvolvemento do calendario de competicións e outras iniciativas vinculadas a esta disciplina deportiva.