A Pontenova acolle unha charla sobre o proxecto Voces en red

AMariñaXa
O proxecto Voces en Red facilita dispositivos Alexa ás persoas maiores, co obxectivo de fomentar a súa autonomía e combater a soidade non desexada
Alexa-echo-dot-
Foto recurso
2 Feb 2025

A Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira na Pontenova, organiza unha charla informativa sobre o proxecto Voces en Red, unha iniciativa impulsada pola Cruz Vermella que busca mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 65 anos a través da tecnoloxía. O encontro terá lugar o venres 7 de febreiro ás 16.30 horas no Centro Social Blanca Muruais.

O proxecto Voces en Red facilita dispositivos Alexa ás persoas maiores, co obxectivo de fomentar a súa autonomía e combater a soidade non desexada. Mediante este asistente virtual, os beneficiarios poden acceder a información, comunicarse máis facilmente e mesmo recibir recordatorios para a súa vida diaria.

Desde a Asociación de Veciños destacan a importancia desta iniciativa para a comunidade e animan ás persoas interesadas a acudir á charla, onde se explicará en detalle o funcionamento do programa e os requisitos para participar nel.

0.16537594795227