A Plataforma Sanitaria muda a ubicación da UMAR ao centro de saúde de Xove

TerraChaXa | AMariñaXa
Ante as queixas dos veciños dos concellos de Cervo e Xove, que ficaron estupefactos ao levar os seus nenos ao Centro de Saúde con febre e foron citados para dentro dun mes, a Plataforma Sanitaria decide cambiar a ubicación da UMAR ao centro de saúde de Xove, un dos epicentros da problemática sanitaria.
1 Mar 2019

Ante as queixas dos veciños dos concellos de Cervo e Xove, que ficaron estupefactos ao levar os seus nenos ao Centro de Saúde con febre e foron citados para dentro dun mes, a Plataforma Sanitaria decide cambiar a ubicación da UMAR ao centro de saúde de Xove, un dos epicentros da problemática sanitaria. A mesa cambia tamén o seu día habitual ao ser o vindeiro martes festivo na maioría dos concellos, e pasa ao mércores 6 de marzo de 11 a 13 horas.
A Plataforma Sanitaria ven de saber que a facultativa responsable do servizo de pediatría de Xove e Cervo colleu vacacións ate o 20 de marzo,e só se vai substituir os martes a partir das 12 horas, e neste período de tempo atenderá revisións de nenos sáns e seis consultas a demanda. Tendo en conta que neste período de tempo dous martes son festivos, a atención desta profesional limitarase a dous martes. Deste xeito, a atención pediátrica destes concellos estará practicamente ausente até o día 20 de marzo, e obrigará a nais e pais a desplazarse até o centro de saúde de Burela para as urxencias, saturando á pediatra que atende esta localidade.
Desde este colectivo cualifican de intolerable a actuación do Sergas cada vez que un facultativo desfruta dun permiso ou colle unha baixa por enfermidade, pero ainda son máis vergoñentas as declaracións do conselleiro de sanidade ao dicir que a asistencia sanitaria na Mariña é “ axeitada á demanda”. Segundo os activistas sanitarios o conselleiro está a a botar “balóns fóra porque está a ver o cataclismo sanitario que se lles aveciña en vísperas de procesos electorales, e ten que actuar remendando e parcheando como pode para evitar que a crise na que está sumida o PP mariñao se agrave ainda máis “- comentan .
O alcalde de Xove nin siquera levou a pleno a moción da Plataforma Sanitaria para defender un servizo de pediatría de calidade na Mariña. Igualmente causou extrañeza ao colectivo a decisión da alcaldía de Xove de non levar a pleno a moción que a Plataforma Sanitaria rexistrou en todos os concellos da Mariña en defensa dun servizo de pediatría de calidade na comarca, máxime cando está sendo aprobada en todos os concellos nos que se debate, mesmo co voto favorable do PP en moitos deles. Segundo comenta a coordinadora da Plataforma Sanitaria, “ parece que para o alcalde de Xove non é prioritario que as crianzas teñan pediatra a tempo completo e difire cos seus compañeiros de partido doutras localidades na importancia deste grave problema sanitario que agora lle estoupa nas mans”.

0.13271307945251