A plataforma en defensa das árbores da vila de Ribadeo convoca unha concentración

AMariñaXa
Denuncian "a grave situación creada pola poda e corta salvaxe de árbores en diferentes zonas do Concello"
tala-ribadeo
29 Nov 2024

A plataforma en defensa das árbores da vila de Ribadeo realizou unha xuntanza un grupo veciñal para denunciar "a grave situación creada pola poda e corta salvaxe, indiscriminada e innecesaria de gran cantidade de árbores en diferentes zonas do Concello, nomeadamente nas estradas do faro e do cemiterio, parque infantil, colexio público, castelo de San Damián, etc".

"Asemade temos coñecemento de novos proxectos do Concello para cortas diante das vivendas sociais e no parque municipal, no parque de San Francisco", explican desde a plataforma.

Diante desta situación que consideran "inaceptable e contraria a un proxecto dun Ribadeo
máis habitable e saudable, mesmo contraria á imaxe da vila", deciden solicitar unha entrevista urxente ao sr. Alcalde de Ribadeo. "Para expoñer o malestar xerado polas cortas realizadas e esixir o pórlles fin. Asemade, convocamos unha concentración da veciñanza para o martes día 3 ás oito da tarde diante do Concello, con fin de apoiar a nosa postura. Por iso convidamos ao pobo, agrupacións e organizacións sociais, culturais e en xeral a toda a cidadanía a participar en dita concentración".

0.16478991508484