A Plataforma de afectados pola subida de tarifas da Residencia e Centro de Día de Foz solicita unha reunión co Concello

Foz
AMariñaXa
A plataforma de Afectados pola Subida Abusiva de Tarifas da Residencia e Centro de Día de Foz solicitou unha reunión formal cos tres grupos que compoñen a corporación municipal para tratar o bloqueo no proceso de adxudicación do contrato de xestión da residencia.
Os membros da plataforma no rexistro
11 sep 2024

A plataforma de Afectados pola Subida Abusiva de Tarifas da Residencia e Centro de Día de Foz solicitou unha reunión formal cos tres grupos que compoñen a corporación municipal para tratar o bloqueo no proceso de adxudicación do contrato de xestión da residencia. Segundo informan desde a plataforma, o pasado luns 9 de setembro rexistraron oficialmente a petición no Concello, coa intención de atopar unha solución que beneficie tanto aos usuarios como ás súas familias.

O obxectivo desta reunión sería alcanzar un acordo que permita desbloquear o conflito e poñer fin á incerteza xerada pola subida das tarifas. Os afectados denuncian que os aumentos son desproporcionados e están a afectar gravemente a moitas familias do municipio.

Desde a plataforma subliñan a importancia de que todas as forzas políticas implicadas colaboren na busca dunha solución consensuada e aseguran que están dispostos a dialogar para atopar unha vía de resolución que sexa xusta e equilibrada.

0.15601205825806