A plataforma de afectados da Residencia de Foz pide unha reunión co alcalde

Foz
AMariñaXa
A través do seu portavoz Manuel García expresan a necesidade de recibir información
residencia-maiores-foz
19 Dec 2024

A plataforma de afectados da Residencia e Centro de día de Foz, a través do seu portavoz Manuel García, solicita unha reunión co alcalde de Foz para obter información e establecer as bases dunha mesa de negociación que permita aprobar unha nova ordenanza.

 

Este colectivo considera que a Residencia de maiores non debe deixar de cumprir coa súa función social e integradora no municipio. Con esta premisa e co fin de contar coa información necesaria solicitan agora un encontro co rexedor do Concello de Foz.

 

0.16195321083069