A pista municipal de tenis de Burela pasa a chamarse Pista José Luís Yebra

AMariñaXa
O Concello de Burela felicita ás persoas gañadoras do X Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra polo seu desempeño na competición.
pista-tenis-burela
30 Xul 2024

O Concello de Burela felicita ás persoas gañadoras do X Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra polo seu desempeño na competición. O evento organizado polo Club de Tenis A Marosa contou cun total de 40 participantes. Con motivo do décimo aniversario do torneo desvelouse que a pista de tenis da Marosa pasa agora a chamarse Pista José Luis Yebra, en memoria do que foi un dos grandes impulsores deste deporte en Burela, ademais de socio do club.

Na categoría absoluta resultou campión Fernando Kanacri e subcampión Rubén Blanco, sendo Javier Fernández o campión de consolación. En dobres absoluto gañaron Rafael Marful e Javier Fernández, seguidos de José María Pérez e Jose Ramón Veiga. A categoría sub-17 foi gañada por Daniel Fernández, seguido de Laura Kanacri, e a sub-13, por Leo Rodríguez e David Valle respectivamente.

0.11805510520935