A pista de ocio na Rilleira, en Barreiros, contará cun baño público adaptado

AMariñaXa

Comezan as obras para dotar de baño público a zona do almacén e a pista de ocio na Rilleira.

pista_da_rilleira
pista_da_rilleira
17 abr 2024

Comezan as obras para dotar de baño público a zona do almacén e a pista de ocio na Rilleira. Con esta actuación, crearase un aseo público adaptado, xunto con fosa séptica estanca para dar servizo aos espazos públicos usados pola veciñanza, ao dotarse de dobre acceso desde o exterior e desde o local existente. A obra está a realizarse pola empresa Enrique Castro Castro Building, SL e conta cun prazo de execución de dous meses.