A piscina de Xove acollerá o Campionato Provincial de Natación
AMariñaXa
A Piscina Municipal acollerá este sábado 11 de decembro o Campionato Provincial de natación a partir das 17.00 horas.
10 Dec 2021
A piscina municipal de Xove acollerá este sábado 11 de decembro o Campionato Provincial de Natación a partir das 17.00 horas. Así, as instalacións estarán pechadas ao púbico pola tarde, para poder celebrarse este campionato.
Nel participarán o Club de Natación de Xove, o de Monforte, o Portamiñá e o Fluvial de Lugo. As probas comenzan pola tarde onde centos de afeccionados reuniranse para seguir a competición.
Esta pisicna foi inaugurada como parte do Complexo do Centro Cívico de Xove, en funcionamento dende 1988, é un punto de referencia na actividade deportiva da Mariña Lucense, tanto polos servizos como polas infraestructuras dispoñibles, a ultima delas é a reforma de todo o complexo para o acceso a persoas con minusvalía.