A piscina de Xove acollerá este sábado a 1ª xornada da liga galega alevín e benxamín

AMariñaXa
A piscina municipal de Xove acollerá este sábado 12 de novembro a 1ª xornada da liga galega alevín e benxamín e alevín de natación.
i xornada natacion benxamin xove 2022 1
i xornada natacion benxamin xove 2022 1
11 Nov 2022

A piscina municipal de Xove acollerá este sábado 12 de novembro a 1ª xornada da liga galega alevín e benxamín e alevín de natación. Será ás 11.00 a alevín e ás 17.00 horas a benxamín. Así, as instalacións estarán pechadas ao púbico pola tarde, para poder celebrarse esta proba.

Nel participarán o Club de Natación de Xove, o Portamiñá e o Fluvial de Lugo. As probas acollerán a centos de afeccionados desta competición.

Esta pisicna foi inaugurada como parte do Complexo do Centro Cívico de Xove, en funcionamento dende 1988, é un punto de referencia na actividade deportiva da Mariña Lucense, tanto polos servizos como polas infraestructuras dispoñibles, a ultima delas é a reforma de todo o complexo para o acceso a persoas con minusvalía.

i xornada natacion benxamin xove 2022
0.089812994003296