A película Sicixia poderase ver no autocine de Ourol o 26

AMariñaXa
O sábado 26 de marzo o Concello de Ourol acollerá o unha sesión de autocine que dará comezo ás 21.00 horas. A película será Sicixia.
autocine 2
22 Mar 2022

O sábado 26 de marzo o Concello de Ourol acollerá de novo unha sesión de autocine que dará comezo ás 21.00 horas. A película proxectada nesta ocasión será Sicixia.

Esta sesión ía celebrarse o día 12 pero por mor do mal tempo tivo que ser aprazada. As persoas asistentes que xa retiraron as súas entradas, non teñen que sacar unha nova xa que a que teñen é válida para a nova data.

Para asistir será necesaria a reserva da entrada, que é gratuita, e o aforo estará limitado a 40 coches. Para conseguila haberá que chamar ao departamento de servizos sociais do Concello aos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 ou na páxina web do autocine.

O filme trata sobre Xiao, un enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a empaparse da idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nese lendario Finisterrae, as súas vidas escaparán ao seu control como mareas rexidas por unha lei superior.

0.078908920288086