A parroquia de Ferrería celebra as festas na honra a San Antonio o sábado 19

TerraChaXa | AMariñaXa
A música correrá a cargo de Octopus Sound, o dúo Son de festa e o Dj Bombardero
festas-san-antonio-de-ferreira
13 Sep 2026

A parroquia de Ferrería, en Riotorto, celebra o sábado 19 de setembro as súas tradicionais festas na honra de San Antonio, cun completo programa de actividades que se prolongará durante toda a xornada.

Os actos comezarán ao mediodía, ás 13.30 horas, coa misa solemne, seguida da tradicional procesión e dunha sesión vermú para compartir entre veciños e visitantes. Pola tarde, ás 15.30 horas, celebrarase a comida veciñal, para a que as entradas estarán dispoñibles ata o martes 15 na gasolineira de Riotorto.

O menú estará composto por callos, costela asada, sobremesa, bebida pan e licores. Todo por un prezo de 27 euros.

Xa pola tarde, a partir das 18.30 horas, a festa continuará cunha actuación de Octopus Sound e cunha gran verbena amenizada polo dúo Son de festa e o Dj Bombardero, que poñerán o broche final a unha xornada de convivencia, música e celebración.

A organización das festas conta coa colaboración do Concello de Riotorto, e coa participación activa dos veciños e veciñas de Ferrería, que manteñen viva esta cita festiva e relixiosa ano tras ano.

0.22334814071655