A parroquia de Couxela en Ribadeo celebra hoxe a festividade en honra a Nosa Señora das Dores

AMariñaXa
Actos relixiosos e música marcarán unha xornada festiva para os veciños de Couxela
couxela festas
21 sep 2024

A parroquia de Couxela, no concello de Ribadeo, acollerá este sábado, 21 de setembro, a tradicional festividade en honra a Nosa Señora das Dores. Os actos comezarán ás 13.00 horas coa misa solemne, seguida da procesión, que estará acompañada polo cuarteto tradicional Illapancha.

Unha vez rematados os actos relixiosos, os asistentes poderán gozar da sesión vermú, que estará a cargo do solista Jaime Paredes. Pola noite, desde as 22.45 horas, Paredes volverá a subirse ao escenario para amenizar a verbena, nesta ocasión acompañado pola orquestra Fania Blanco Show.

A celebración da Virxe das Dores en Couxela é un dos eventos máis esperados polos veciños da parroquia, que participan activamente tanto nos actos relixiosos como nas actividades festivas.

0.10535883903503