A parroquia de Celeiro de Mariñaos iluminará unha árbore natural de 17 metros

AMariñaXa
A asociación de veciños Celeiro de Mariñaos realizará o acendido este 7 de decembro con merenda posterior
arbore-celeiro-mariñaos
4 Dec 2024

A asociación de veciños Celeiro de Mariñaos realizará este sábado 7 de decembro o alumeado dunha árbore natural de 17 metros no campo da festa de Celeiro de Mariñaos.

Será entre as 19.30 e as 20.00 horas da tarde e destacan que se trata dunha árbore natural de dimensións considerables e "unha das máis grandes que se alumean polos arredores".

Ademáis posteriormente do momento das luces haberá unha merenda para quen se achegue no interior da escola.

0.076756954193115