A parroquia da Xunqueira, en Viveiro, conta os días para as súas patronais

festas xunqueiraA parroquia da Xunqueira, en Viveiro, conta os días para dar comezo ás súas patronais un ano máis. Os veciños celebrarán as festas na honra á Nosa Señora no mes de setembro dende o venres 6. Comezan cunha misa solemne a partir das 19.30 horas da tarde, seguida dunha gran verbena amenizada pola disco móbil Conxuro.
A romaría seguirá o sábado cunha sesión vermú da man de Vivarium e de novo misa solemne ás 19.30 horas e gran verbena con Vivarium e Maracaibo. O domingo o programa comeza ás 11.45 con misa solemne e procesión coa banda naval e banda misericordia. Ademais teñen unha sesión vermú longa co dúo Cerbatana.