A OMIX de Xove prepara as súas actividades de inverno
O Concello de Xove organiza para este último semestre do ano diferentes actividades para nenos e maiores.
Así, para maiores de 60 anos, terán cursos de informática, manexo de móbil, ioga, bordado, bolillos, ximnasia d emantemento, aerobic e pilates.
Durante outubro, a xuventude poderá celebrar o Samaín co II Reto Challenge Paseando coa Santa Compaña, en novembro será a quenda do conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, e en decembro celebrarase o Día do Voluntariado no que se homenaxeará ao equipo voluntario xuvenil que colaborou durante o proxecto de verán Mañás Activas.
Así mesmo haberá teatro de outorno a finais de setembro e previsiblemente os venres e sábado de outubro.
Tamén en outubro será a actividade de concienciación ambiental, Auga Invisible. Esta actividade é para persoas de entre 15 e 35 anos.
A data de inicio destes cursos aínda non está pechada polo que para confirmar os horarios haberá que esperar a que o Concello envíe o díptico a todos os veciños ou poñerse en contacto coa oficina de información xuvenil.