A oficina de turismo do Valadouro abre as súas portas

AMariñaXa
A partir de hoxe ponse en marcha a oficina de turismo do Concello do Valadouro, que está situada na Casa da Cultura. 
oficina turismo valadouro
15 Xul 2021

A partir de hoxe ponse en marcha a oficina de turismo do Concello do Valadouro, que está situada na Casa da Cultura. As instalacións permanecerán abertas durante todo o ano. Na época de verán de martes a sábado en horario de 10.00 a 14.00 polas mañás e de 16.30 a 20.00 polas tardes. O resto do ano permanecerá aberta no mesmo horario de luns a venres. 

Deste xeito, o Concello do Valadouro pretende achegar o servizo de información turística a todos os visitantes que se acheguen ao Concello para coñecer os principais recursos, realizar rutas de senderismo, ou interesarse pola ampla variedade en restauración e aloxamento, eventos ou festas que se realicen.  

O Valadouro conta con innumerables recursos tanto naturais como culturais, como o Pozo da Onza, a Fervenza da Torez ou a Fervenza do Escouridal. Destaca o Dolme de Santó Tomé, moi próximo ao curro onde se celebra a tradicional Rapa das Bestas e ao curioso círculo do Prado das Chantas. Aquí tamén pode visitarse o Museo do Mel para coñecer o proceso da elaboración deste produto delicatesen a través de diversas ferramentas e materias didácticos.  

0.18619704246521