A Oficina de Información Turística de Burela e o Barco-museo Reina del Carmen recibiron un diploma pola súa calidade

AMariñaXa
Máis de 2.300 persoas pasaron pola Oficina de Turismo de Burela no mes de xullo. A concellería de Turismo fai balance dos datos que deixaron
premio turismo Burela Sicted 2024
17 Xan 2024

O Concello de Burela recibiu dous diplomas do Sistema Integral de Calidad Turística en Destinos, outorgados pola Secretaría de Estado de Turismo.

Un dos diplomas foi obtido pola Oficina de Información Turística, e o outro, polo Barco-museo Reina del Carmen. “Para nós é importantísimo este recoñecemento ao bo traballo que estamos facendo neste ámbito en Burela”, indica o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.

O concelleiro afirma que “os datos indican que cada ano temos máis visitantes en Burela, polo que felicitamos á que foi técnica de Turismo, Iria, e a Lino, o guía do barco-museo".

“Queremos adicarlle o recoñecemento recibido polo barco-museo moi especialmente á que foi madriña do barco, Gloria da Corneta, que faleceu no día de onte”, sinalou Fernández Rey. “Este diploma vai por ela”, engadiu.

No pasado ano 2023 o barco-museo superou as 5.000 visitas, o que supón “un récord histórico” segundo sinala o concelleiro de Turismo

“Seguiremos impulsando iniciativas para que cada vez Burela sexa máis atractiva turisticamente, e seguiremos na nosa liña de traballo, avalada polos datos”, concluíu Fernández Rey.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, valorou tamén o éxito acadado polo turismo local, sinalando que “distincións como esta axudan a visibilizar o potencial turístico do municipio, que supón unha fonte fundamental de actividade económica e crecemento para a súa veciñanza”.

0.14189291000366