A nova edición da Viveiro Bike Xtreme será o 17 de outubro

AMariñaXa
A Peña Ciclista Lar de Viveiro vén de publicar a data da Viveiro bike Xtreme que será o 17 de outubro de 2021.
viveiro extreme bike peque
20 sep 2021

A nova edición da Viveiro Bike Xtreme celebrarase o 17 de outubro trala súa suspensión da proba o 18 de xullo. O presidente da Peña Ciclista Lar de Viveiro, José Manuel Pernas Vázquez, comunicou a nova data.

"É unha decisión difícil, moi difícil, levamos tempo preparando todo para poder celebrar a Viveiro Bike Xtreme e despois de tanto traballo detrás ter que cancelala. Tivo que ser cancelada por motivos de non ter a tempo os permisos requiridos para a devandita proba", informou.

Esta proba terá dúas modalidades a corta de 45 quilómetros que será a marcha cicloturista e a longa de 65 que ademais terá tamñen o campionato de Galicia.

As inscricións poderán facerse ata o 13 de outubro na páxina da federación e en champion chip.

viveiro extreme bike
0.20154809951782