A nova edición da Festa do Polbo de Xove será o Xoves Santo

AMariñaXa
O próximo 6 de abril a partir das 19.00 horas nos locais de hostalaría de Xove poderase degustar o polbo en varias especialidades
1 CARTEL XIX FESTA DO POLBO DE XOVE
1 CARTEL XIX FESTA DO POLBO DE XOVE
27 Mar 2023

O próximo 6 de abril, Xoves Santo, a partir das 19.00 horas nos locais de hostalaría de Xove poderase degustar o polbo preparado en varias especialidades: á feira, en empanada, ao alliño, á brasa, en vinagreta, con queixo de San Simón, á mariñeira, con mollo de allo, en pizza, ou revolcón.

A ración ronda os 14 euros aínda que hai especialidades que poderán custar menos ou máis desta cantidade. Ademais contarase coa participación do grupo de Gaitas da AC Saiñas de Xove.

CARTEL XIX FESTA DO POLBO DE XOVE
0.18833994865417