A nova edición da Carreira popular Valadouro-Alfoz será o 9 de setembro

AMariñaXa
Os concellos de Alfoz e O Valadouro acollerán o vindeiro sábado 10 de setembro a I Carreira popular Alfoz-Valadouro
II carreira valadouro alfoz 2023
27 Aug 2023

Os concellos de Alfoz e O Valadouro acollerán o vindeiro sábado 9 de setembro a II Carreira popular Valadouro-Alfoz, que será unha proba que se disputará sobre un percorrido moi rápido de 6.500 metros, totalmente urbanos, nun tempo de 60 minutos.

A cita deportiva, que terá saída a partir das 10.30 horas da mañá, será sobre un circuíto de 200 metros para Pícaros, 600 Benxamíns, 1.200 Alevíns, 1.600 Infantís e Cadetes e 6.500 para a competición Absoluta. Con saída fronte a Oficina de Turismo do Valadouro e meta e saídas de categorías inferiores no pavillón municipal de Alfoz.

A competición transcorrerá por un circuíto mixto pechado á circulación de vehículos, cun perfil moi suave propicio para unha carreira rápida.

A inscrición estará limitada a 200 corredores para a carreira absoluta, 50 corredores para a carreira Pícaros, 50 corredores para a carreira Benxamíns, 50 corredores para a carreira Alevín, 50 corredores para a carreira Infantil e Cadete. As inscricións en liña poderán realizarse ata o 7 de setembro.

De 9.00 ata 15 minutos antes da saída absoluta poderanse recoller os dorsais na carpa da organización situada na casa de cultura do Valadouro. Desde as 10.30 ata ás 11.30 horas entregaranse os dorsais dos menores no pavillón.

As saídas da carreira comezarán ás 11.30 horas cos Pícaros, e cada 5 minutos unha cateogría ata ás 10.30 que será a Absoluta.

A entrega de trofeos das probas realizarase ao finalizar a carreira Absoluta

II carreira valadouro alfoz 2023
0.16461110115051