A neve dificulta a circulación en varios concellos da comarca

TerraChaXa | AMariñaXa
4 Xan 2021

A Deputación de Lugo mantén despregado un dispositivo invernal de 96 operarios e 48 máquinas ante o temporal de neve e xeo que afecta a toda a provincia, con fortes nevaradas a partir dos 600 metros de altitude.

O dispositivo traballa desde primeira hora deste luns en máis de 100 estradas que discorren por 20 municipios do conxunto da provincia: Baleira, Becerreá,  Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol, Taboada, A Pontenova e Mondoñedo.

Nas vías destes municipios transítase con dificultade polas intensas nevadas das últimas horas, que chegaron a provocar espesores de entre 10 e 20 centímetros, ademais de placas de xeo.

As estradas afectadas na comarca son as seguintes:

- Ourol: LU-P-3804, de Belsar por Soutochao a Viveiro; LU-P-6602, de Ruabova por Sixto a Muras; LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín.

- A Pontenova: LU-P-4811, de Vilaemil a Carballido; e LU-P-6102, de Pontepedrido, por Vilaformán a Trabada.

- Mondoñedo: LU-P-3103, de Lindin por Santa María Maior, LU-124 e Ramal ata ao campo do Castro.

Tamén afecta ás vías dos concellos vinculados:

- Muras: LU-P-3804, de Besar por Soutacho a Viveiro; LU-P-6602, de Ruanova, por Sixto a Muras.

- Vilalba: LU-P-6506, de Ponte de Saa por Ladra a A Parrocha; LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 96 operarios, 20 máquinas quitaneves con saleiro, 16 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 12 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, hai 10 silos de sal da Deputación dispoñibles, con 35 toneladas cada un, pois os de Ribas de Sil e Pedrafita do Cebreiro están baleiros, á espera de ser enchidos novamente. 

A Deputación lembra que todos os Concellos que precisen abastecerse de fundentes por razóns de urxencia deberán dirixir unha solicitude previa ao Coordinador de Emerxencias da Rede Viaria Provincial co obxectivo de dar unha resposta eficaz e axeitada a cada unha das peticións, así como facer un control ordenado dos recursos.

A institución provicnial recomenda á veciñanza consultar as previsións meteorolóxicas antes de realizar saídas e extremar todas as precaucións.

No resto da provincia as zonas afectadas son:

- Baleira: LU-P- O401, de Corveira, por Corneas a Restelo; LU-P- 0405, de Fonteo a Lastra; LU-P-0407, de Fontaneira por Vilar Dos Adrios. Todas con cadeas.

- Becerreá: LU-P-0704, de Cereixal por Penamaior á escola de Alta Montaña; LU-P-0707, de Armesto por Tores a As Nogais; LU-P-0708, de Cereixal a Louxas; LU-P-6221, de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei; LU-P-0702, da estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada. Todas con cadeas.

- Folgoso do Courel: LU-P- 1301, de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-4501, de Poio, por Louzarela e Teixeira á estrada de Samos a Caurel e o acceso a Meiraos; LU-P_4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes; LU-P-4505, do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín; LU-P-5601, de Samos a Caurel e Rampa a Santa Mariña. Todas con cadeas.

- A Fonsagrada: LU-P-1906, de Pedrafitelas por Vilares aos Cangos; LU-P-3601, de Acebo a Negueira de Muñiz; LU-P-1901, de Fonsagrada a Navia; LU-P-4606 e a LU-P-4811. Todas con cadeas.

- Cervantes: LU-P-1401, de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1404, de San Román a Quindós; LU-P-1405, de Campa da Braña a tres obispos; LU-P-1411, de Vilanova a Portelo; LU-P-1412, de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-0702, de San Román de Cervantes a Degrada; LU-P-1401, de Doiras a Piornedo ao límite provincial; LU-P-1402, de San Martiño da Ribeira por Quindous a Vilaquinte; LU-P-1403, de Vilanova a Santa María; LU-P-1404, de San Román a Quindous; LU-P-1406, dos Prados a Trabado; LU-P-1407, de Bolois a Vilanova; LU-P-1408, de Fonquente a Noceda; LU-P-1409, de Quindous por Vilar a Robledo; LU-P-1410, de San Martiño da Ribeira por Couso a LU-P-1404; LU-P-1411, de Vilanova por Vilapún a Vilaspasantes; LU-P-1412, de Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-3505, de Navia por Vilaquinte a Donís; LU-P-4504, de Pedafrita a Portelo. Todas con cadeas.

- O Incio: LU-P-2505, de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón; LU-P-1306, de Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-2501, de San Amaro por Rubián de Cima a Cervela; LU-P-2502, de Polvoreiro a Ferradal; LU-P-2503, do Incio a Foleibar ata a LU-P5603:LU-P-2504, de Cortellas a Cabanas; LU-P-4706, de Pacios de Veiga por Canedo a Santa Cruz do Incio; LU-P-5711, da LU-642 por San Martiño de Loureiro ao Val do Mao e Souto; e LU-P-2507, de Saa por Cereixido a Freixo.

- Navia de Suarna: LU-P-3501, de Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502, de Muñis a Rao; LU-P-3508, de Rao por Murias a Balouta; LU-P-3505, de Navia por Silvouta; LU-P-3509, de Navia ao alto de Labiadas; LU-P-1901, de Fonsagrada a Navia; LU-P-3503, de Silvouta por Vallo a Vilor; LU-P-3509, de Navia por Virigo ao Alto de Labiadas; LU-P-3511, de Mosteiro a Pacio;  LU-P-3512, da Cancela da Serra por Son a LU-722. 

- Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P- 3602 “Del Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.

- As Nogais: LU-P-3701, das Nogais, por Pintinidoira á LU-P-4504; LU-P-4503, de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan; LU-P-0707, de Armesto por Tores ás Nogais; LU-P-3702, das Nogais por Nullán a Lamas.

- Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504, de Pedrafita ao Portelo; LU-P-4503, de San Pedro por Busnullán a Nullán; LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Filloval; LU-P-1301, de Seoane polo Hospital e Ramais a Piñeira, Lousada e Vilela; LU-P-1304, de Mostade por Romeor a Casares; LU-P-4501, de Poio por Louzarela ao acceso a Meiraos; LU-P-4502,  de Pacios a Seixos. Todas con cadeas.

- Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.

- Ribas de Sil: LU-P-5301, de San Clodio ao alto da Cruz.

- Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo; LU-P- 5601, de Samos a Caurel e Rampa de Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Louzara; LU-P-1306, de Megoxe por Seceda a Ferreira do Incio; LU-P-2503, do Incio por Foilebar á LU-P-5603; LU-P-2507, de Saa a Freixo por Cereixido; LU-P-5602, de Samos polo Courel e Ramal a Santa Mariña; LU-P-5604, da LU-P-5601, por San Xoán á Ponte Louzara. Todas con cadeas.

- Triacastela: LU-P-3702, das Nogais, por Nullán a Lamas; LU-P- 6201, de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei; LU-P-0706, de Guilfrei por Meizarán a Lamas; LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Fillovial.

- Taboada: LU-P-6001, de Taboada por Ada a Mundín; e LU-P-6002, de Ramil a Rodeiro.

0.13085412979126