A música e a moda dos anos 60 e 70 encherán Ribadeo este sábado
A música e a moda dos anos 60 e 70 encherán de son, de luz e dun ambiente vintage o parque de San Francisco de Ribadeo este sábado, 27 de agosto.
Alí vaise celebrar a partir das 20.30 horas o Guateque, que organiza a Comisión de Festas de Ribadeo coa colaboración de Acisa. O obxectivo é recadar fondos, por parte da comisión de festas para a celebración das patronais. Ás oito e media da tarde dará comezo ese Guateque dos anos 60 e 70. A cita estará amenizada con música desa época.
Así, premiaranse as compras efectuadas en establecimentos ribadenses durante a semana e se o sábado se presenta un tícket de mais de 50 euros, por compras ou consumicións realizadas entre os días 20 e o 27 de agosto, no Guateque farán un desconto dun euro na consumición.
Ademais haberá un sorteo de dous premios dunha viaxe de dúas noites para dúas persoas a escoller entre 1.500 destinos e 100 euros en vales de compra para gastar nos locais. O sorteo será presencial, a media noite, e as rifas entregaranse de forma gratuíta con cada consumición.