A maxia chega este sábado a Alfoz da man do Mago Teto

A maxia chega a Alfoz da man do Mago Teto co espectáculo “As nosas letras”, unha función na que os libros, as historias e a ilusión serán protagonistas.
A representación enmárcase dentro do programa de actividades organizado polo Concello para conmemorar o Día do Libro. Trátase dunha proposta cultural gratuíta aberta ao público de todas as idades que terá lugar este sábado, 25 de abril, ás 19:30 horas na Casa da Cultura.