A Marosa acolleu a presentación da SD Burela que competirá outro ano máis en Primeira Galicia
AMariñaXa
O campo de fútbol da Marosa acolleu a presentación da SD Burela que competirá outro ano máis en Primeira Galicia.
3 sep 2022
O campo de fútbol da Marosa acolleu a presentación da SD Burela que competirá outro ano máis en Primeira Galicia. "Estamos moi felices polo ambiente que houbo no campo toda a tarde. A Marosa merécese iso e máis", dixeron dende a directiva do club.
Así, nesta temporada xogarán no equipo burelés Flavio, Kiko e Simón na portería, na defensa Alex Esquerdeiro, Ismael Gómez, Jairo, Morás e Savio, no centro do campo Cristian, Jairo López, Miguel Gomes, Penelo, Saúl Deán, Valito, David Otero, Hugo Pardo, Vila e Xoel Eijo, e de dianteiros Antón Camiña, Jairo Campo, Macly, Rodríguez e Yeray.
Seguirán de adestradores Luchi Salgueiro, Adrián Marrube e Manuel Martínez.