A longametraxe 'Jacinto' poderase ver este sábado en Foz

Foz
AMariñaXa
O vindeiro sábado 3 de decembro péchase o Ciclo Mestre Mateo do Concello de Foz, que lles permitiu gozar do mellor cine en galego,
jacinto decembro foz 1
jacinto decembro foz 1
2 dic 2022

O vindeiro sábado 3 de decembro péchase o Ciclo Mestre Mateo do Concello de Foz, que lles permitiu gozar do mellor cine en galego, coa longametraxe Jacinto. Será na casa da cultura ás 18.30 horas.

Jacinto está protagonizada por Pedro Brandariz, que interpreta a un neno duns nove anos atrapado no corpo dun home de case cincuenta. Jacinto vive en Mallou, unha pequena aldea abandonada entre as montañas, coa única compañía dos seus pais e da súa mascota.

Todo este pequeno mundo cambia coa chegada dunha nova parella de veciñas: Alex e Ana, dúas artistas suecas que buscan un lugar tranquilo e sen distraccións onde poder gravar o novo disco da súa banda. Jacinto comeza a sospeitar que as novas habitantes de Mallou son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, elabora un plan, aplicando todo o aprendido vendo películas de terror.

Esta longametraxe acadou 4 premios Mestre Mateo: dirección de arte, interpretación masculina protagonista, maquillaxe e perruquería, e vestiario.

jacinto decembro foz