A liga de Bolos vivirá este sábado a última xornada

AMariñaXa
Nova xornada doble da Liga de Bolos, xornadas 16 e 17.  Morás o 27 e Sumoas o 28 de marzo foron as tiradas celebradas.
1 Abr 2021

Nova xornada doble da Liga de Bolos, xornadas 16 e 17.  Morás o 27 e Sumoas o 28 de marzo foron as tiradas celebradas, co cal só queda unha para rematar esta XXXII Liga de Bolos. Será polo tanto, a de Vilachá, o vindeiro sábado 3 de abril, a que poña remate a esta tempada tan atípica.

MASCULINA

A liga sénior masculina segue liderada polo xa campión Miguel López. Con 2 segundos postos e 2 primeiro nas últimas catro tiradas, queda por dilucidar prácticamente todos os postos por abaixo. Teñen premio final os 12 primeiros clasificados.

Os inmediatos perseguidores de Miguel López (Francisco  Pérez con 92, Arturo Vigo con 86, Óscar Pérez con 73,….) non tiveron unhas últimas xornadas moi brillantes, e terán que disputarse este vindeiro fin de semana o seu posto final no podium,  para o cal Francisco Pérez e Arturo Vigo parten cunha clara vantaxe.

Para o trofeo final á mellor bolada de toda a tempada, neste intre Ginés Rodríguez parte cunha bolada de 105 tantos obtida no Centro Social de Vilachá o pasado 5 de decembro.

FEMININA

Se a campiona desta edición xa estaba decidida dende a tirada do Centro Social de A Vara, este fin de semana tamén se decidiron matemAticamente  a segunda (Belén Meitín con 57 puntos)  e a terceira posición (Carmen Roca con 48 puntos) finais. Nesta categoría teñen premio final as 5 primeiras clasificadas. Para cuarta e quinta Salomé Bermúdez parte cunha vantaxe case insalvable sobre Concepción Piñeiro.

Para o premio final á mellor bolada do campionato, Julia López parte cunha bolada de 91 tantos obtida o pasado 6 de marzo no Club  Palmeiro.

SUB 16

Tamén nesta categoría están decididos os primeiros  postos, dos 5 premios finais previstos. Queda por dilucidar quen se fai co quinto, ou Naia Cancelos (15 puntos) ou David Vigo (13 puntos).

Para o premio final á mellor bolada do campionato, Christian González parte cunha bolada de 74 tantos obtida no Campo Municipal  de Fútbol  de Xove o pasado 14 de novembro de 2020.

O sábado 3 de abril, a partir das 16.00 horas terá lugar a última tirada, a 18, no centro social de Vilachá coa conseguinte entrega de premios e trofeos como final de Liga.

0.19990706443787