A IV carreira Rinlo-Ribadeo contará con Adiaratou Iglesias como madriña
A cuarta edición da carreira nocturna Rinlo-Ribadeo e que se celebrará o 20 de agosto de 2022 contará cunha madriña de excepción, a atleta e campiona paraolímpica Adiaratou Iglesias Fornelo.
As carreiras de menores desputaranse a partires das 20.00 horas na contorna do Parque de San Francisco e a Casa do Concello, agás as categorías Infantil e Cadete que terán a súa saída no Faro de Illa Pancha.
A absoluta farao ás 21.45 horas a vila de Rinlo e a meta diante da Casa do Concello da vila de Ribadeo, pechándose a entrada en meta as 23:00 e un percorrido dúns 9 kms. Nesta categoría será obrigatorio o uso de frontal de luz e aconsellable o uso de reflectores.
A saída absoluta terá lugar no Porto da vila de Rinlo e discurrirá pola estrada entorno á costa ata a vila de Ribadeo, pasando antes pola Illa Pancha, Cargadoiro e entrará na vila pola Avenida Calvo Sotelo, Rúa Rodríguez Murias e Vilafranca do Bierzo, rematando diante da Casa do Concello.
As inscricións xa están abertas e pecharanse o 17 de agosto e haberá un límite de 700 participantes. Para máis información pódese consultar a web www.championchipnorte.com.